O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro
Authors
Rivas, Manuel
Publisher
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Tags
drama , novela , histórico
ISBN
9788483022610
Date
1998-05-01T00:00:00+00:00
Size
0.47 MB
Lang
pt
Downloaded: 19 times

O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade, en tempo de guerra e posguerra, que chega ós nosos días.

Un grande amor entre Marisa Mallo, unha fermosa moza da Fronteira, filla dunha familia de ambiente reaccionario e o médico republicano Daniel Da Barca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidad intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.

O lapis do carpinteiro é o testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor.

Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama , coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.