[Nivardo Castro e Carlos Conde 02] • O misterio do barco perdido
![[Nivardo Castro e Carlos Conde 02] • O misterio do barco perdido](/cover/WJie4-ZIFACh_kLI/big/[Nivardo%20Castro%20e%20Carlos%20Conde%2002]%20%e2%80%a2%20O%20misterio%20do%20barco%20perdido.jpg)
- Authors
- Reigosa, Carlos González
- Publisher
- ePubLibre
- Tags
- novela , policial
- Date
- 1987-12-31T23:00:00+00:00
- Size
- 0.75 MB
- Lang
- es
Un barco galego desaparece nas augas do banco de pesca do Sahara. A exploración da zona por buques da Mariña e helicópteros do Servicio Aéreo de Rescate non descubre rastro del nin da tripulación. O dono do pesqueiro, un armador coruñés, ten unha razón moi especial para facer que se investigue a fondo o seu destino: un dos homes que ía a bordo era un fillo seu, que se enrolara como segundo patrón. Isto lévao a poñerse en contacto co detective Nivardo Castro e co xornalista Carlos Conde. A eles lles corresponderá desenredar a enguedellada madeixa en que se converte a desaparición do barco. Neste proceso ábrese un horizonte inesperado de aventuras, que inclúen o secuestro, o tráfico de armas, o transporte de mercenarios, o narcotráfico ou o simple roubo.