O Misterio Do Barco Perdido

- Authors
- Reigosa, Carlos Gonzalez
- Publisher
- Grupo Anaya Comercial
- Tags
- adventure , prose_contemporary
- ISBN
- 9788475074443
- Date
- 1988-01-01T00:00:00+00:00
- Size
- 0.25 MB
- Lang
- pt
Carlos quería coñecer polo miúdo o misterio do Cadanseu en que estaba metido Nivardo.
—Verás, é un asunto que require algunha prudencia… —dixo Nivardo, serio.
Carlos sorriu, amigos desde nenos, compeñeiros de escola e de seminario, sempre mantiveran, a pesar das distancias frecuentes e obrigadas, unha fonda cordialidade, e cada vez que se atopaban, despois de varios meses, é coma se non se tivesen separado nunca. Os dous sabían que sempre fora así e así seguiria a ser, porque non eran sentimentos que mudaran co tempo. Por iso, a pesar da condición de xornalista de Carlos Conde, Nivardo falou tranquilo e referiulle o que pasaba… Carlos escoitou atencioso -primerio con pasmo, despois con vivo interese- o que seu amigo lle contaba.
—Pode ser unha historia extraordinaria -exclamou ó cabo, sen poderse refrear.
—Tamén pode ser unha perda de tempo e de cartos.